Cargando resultados...
O CHUAC é lider europeo nas intervencións de patoloxías renais co robot Da Vinci
O CHUAC é lider europeo nas intervencións de patoloxías renais co robot Da Vinci
O hospital coruñés realizou 738 intervencións dentro do programa de cirurxía robótica
G24.gal
12/02/2023 19:00
Última actualización 12/02/2023 19:43
O servizo de Uroloxía do CHUAC é líder en Europa no tratamento cirúrxico de tumores e patoloxías do ril co robot Da Vinci. Con este sistema o especialista non opera directamente sobre o paciente, senón que intervén desde unha consola coa que manexa virtualmente o instrumental.
A visión aumentada en tres dimensións permite traballar coa máxima precisión, o que se traduce nun postoperatorio menos doloroso e en estancias hospitalarias máis curtas.
A cirurxía robótica implantouse nos hospitais do Sergas a mediados de 2021. Só no hospital da Coruña xa se empregou en máis de 700 intervencións.