Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 50 % dos fogares asegura que chega xusto a fin de mes

O 50 % dos fogares asegura que chega xusto a fin de mes

4 de cada 10 consumidores cambiaron o seu hábito de consumo

Realizan compras máis planificadas, pequenas e máis frecuentes
 

G24.gal 09/07/2024 14:17

Trátase de facer un consumo máis responsable, planificado e con compras máis pequenas. 

O termo medio de artigos da cesta da compra baixou nun 26 por cento respecto ao 2021, pasando de algo máis de 23 a 17 produtos. É o resultado dunha escalada de prezos que obrigou a mudar os hábitos de compra. 

Todo é pouco para reducir o gasto no medio dunha escalada de prezos en que o 50 por cento dos fogares recoñece que chega xusto a fin de mes.

No medio deste incremento de prezos, aumenta o número de consumidores de marca branca. Algo máis da metade compra nas tendas onde predominan este tipo de produtos.

O estudo de AECOC, asociación de fabricantes e distribuidores, conclúe que o 40 por cento dos consumidores mudou o seu hábito de consumo para combater a suba dos prezos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade