Cargando resultados...
A metade das vítimas mortais de tráfico en Galicia no 2023 non levaba o cinto
A metade das vítimas mortais de tráfico en Galicia no 2023 non levaba o cinto
Nunha semana localizáronse 1.030 condutores que non tiñan posto este dispositivo de seguridade
G24.gal
07/04/2024 14:15
Última actualización 07/04/2024 17:52
En Galicia póñense o 20 % das denuncias de España por non levar cinto de seguridade. Nunha semana atopáronse 1030 condutores sen un dispositivo que, segundo a OMS, é o de maior seguridade do vehículo.
Nun ano as infraccións deste tipo aumentaron nun 7 %. Obsérvase que a xente nova é a máis remisa a usalo, malia o consenso demostrado de que salva vidas.
En España é obrigatorio o seu uso nos asentos dianteiros dende o 75; dende o 92 tamén é obrigatorio nos asentos de atrás.