Publicador de contidos
Publicador de contidos

CIRCOM premia a xornalista da TVG Noelia Rey e a serie '3 camiños'

CIRCOM premia a xornalista da TVG Noelia Rey e a serie '3 camiños'

A xornalista do Malicia Noticias Noelia Rey conseguiu o premio ao Novo Talento en Pantalla

A serie 3 camiños recibiu unha mención especial na categoría de entretemento e ficción

G24.gal 27/05/2022 12:50

A gala dos premios CIRCOM, que galardoa os mellores programas de televisión producidos por canles públicas de toda Europa, comezaba do mellor xeito posible para a Televisión de Galicia.
O primeiro premio da noite era para a xornalista Noelia Rey como Novo Talento en Pantalla. "A xente nova que vexa que as oportunidades existen e que unha vez que colles as oportunidades, veñen cousas moi bonitas detrás", dixo a presentadora do Malicia Noticias'

O director da Área de contidos da Televisión de Galicia Fernando Rodríguez Ojea valoraba tamén o premio de Noelia Rey: "Recoñece un traballo fantástico dunha compañeira que é Noelia Rey, que realmente sabemos que ten un talento espléndido, que se recoñece todos os días no Malicia Noticias e noutros programas que ela fai".

O de Noelia non foi o único premio para a Televisión de Galicia, porque a serie 3 camiños recibiu tamén unha mención especial na categoría de entretemento e ficción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade