O COB leva un partido que vale ouro para a permanencia
O COB leva un partido que vale ouro para a permanencia
Gañoulle a un rival directo como Almansa por 81-75
O Leyma Coruña perdeu na casa diante do líder Andorra (66-70)
O COB Ourense deu un paso de xigante para a permanencia co triunfo no Paco Paz diante do Almansa por 81-75. Chega ás dez vitorias, cada vez con máis marxe sobre o descenso e derrota a un rival directo.
O encontro foi moi igualado con marxes mínimas durante a primeira metade: 19-21 no primeiro cuarto e 39-42 ao descanso. Os ourensáns mudaron a dinámica do partido no terceiro cuarto no que conseguiron poñerse en vantaxe collendo unha diferenza de oito puntos (59-51) recortada polos visitantes xusto ao final do terceiro cuarto (64-61). No último o COB manexou dun xeito maxistral o partido e conseguiu levar o partido.
O Leyma Coruña perde diante do líder Andorra
O Leyma Coruña perdeu diante do líder Andorra por 66-70 noutro partido que resultou igualadísimo. Os coruñeses trataron de tí a un dos orzamentos máis altos da categoría. Fixeron un gran primeiro cuarto (19-14) pero viron como Andorra reaccionaba no segundo (31-31).
O terceiro cuarto volveu a ter vantaxe coruñesa (49-45) e todo quedou pendente do último no que o Andorra impuxo a veteranía dos seus xogadores máis determinantes como Dee ou Rafa Luz e acabou gañando por un apertadísimo 66-70.