O coche eléctrico, materia pendente

Os expertos advirten de que se non se incentiva a compra destes vehículos será difícil acadar os obxectivos marcados por Bruxelas

G24.gal 28/11/2023 13:57

O coche eléctrico xa non é futuro, é presente porque hai oferta, pero aínda non conseguiu dar o salto como primeira opción de compra. 

O Conselleiro Delegado do Grupo Pérez Rumbao di que hai varios motivos: "Sobre todo por dúas barreiras fundamentais: o prezo, porque o eléctrico vale o dobre que un de gasolina e a desconfianza nas infraestruturas".

De cada cen vehículos que se venden, só cinco son eléctricos, a pesar de que moitos, como o delegado territorial de Iberdrola, din que esta é a mellor opción para descarbonizar a mobilidade: 
"O parámetro fundamental de contaminación nas cidades, que é o NOx, non se combate cos ecocombustibles, que poden ser unha solución transitoria e temporal, pero non a longo prazo".

As administracións, como xestoras, tamén apostan por esta transformación, como recoñecía a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez: "Nos propios aparcadoiros dos hospitais, neses equipamentos, tamén estamos instalando puntos de recarga eléctrica, o último exemplo no hospital de Ferrol e aparcadoiros disuasorios".

Abordar a mobilidade eléctrica desde diferentes puntos de vista foi o obxectivo dunhas xornadas organizadas pola Cámara de Comercio da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade