O Colexio de Enxeñería Informática reclama formación en intelixencia artificial para toda a sociedade
O Colexio de Enxeñería Informática reclama formación en intelixencia artificial para toda a sociedade
O Colexio de Enxeñería Informática reclama formación en intelixencia artificial para toda a sociedade
Promover unha intelixencia artificial inclusiva e respectuosa coas persoas é a principal demanda do decálogo aprobado por distintas institucións con motivo do Día de Internet
Desde os Colexios de Enxeñería Informática, unha das entidades que suscriben este decálogo, din que os beneficios da Intelixencia artificial son superiores aos seu riscos, pero reclaman medidas para promover un uso seguro e responsable.
“O decálogo pretende poñer en valor que se centre o avance tecnolóxico nas persoas. Vai desde a propia ciberseguridade, á transparencia, á confiabilidade ou á sustantibilidade, porque todos estes avances tecnolóxicos teñen un consumo moi intensivo en recursos enerxéticos”, explica Fernando Suárez, presidente do Colexio de Enxeñería en Informática de Galicia.
Aseguran que se corre o risco de que a intelexencia artifical sexa percibida como negativa e que se perda a oportunidade de aproveitar os seus beneficios. Para iso, segundo din, fai falta formación para toda a sociedade.
“É unha ferramenta fantástica pero temos que saber utilizala, e para empregala de forma responsable fai falta formación a tódolos niveis para que ninguén quede atrás”, di o presidente do Colexio de Enxeñería Informática de Galicia.
O Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial entrará en vigor dentro de dous anos. Establece catro niveis de control: o máis alto, o uso inaceptable, prohibirá os sistemas de intelixencia artificial que manipulen ou clasifiquen o comportamento das persoas.