O combate do radon empeza por medir o nivel de concentración existente no inmoble
O combate do radon empeza por medir o nivel de concentración existente no inmoble
A normativa fixa o límite en 300 bequerelios por metro cúbico
O mapa de potencial de radon en España marca Galicia entre as zonas con concentración máis alta deste gas, polo risco que pode supoñer para a saúde.
Con esa prevención, a normativa diríxese a adoptar medidas en novas construcións e rehabilitacións de vivendas ou áreas de traballo. E niso anda metida Itziar, procedente doutra área con niveis altos de radon, que vai reformar unha casa en Compostela.
O primeiro é realizar a medición de radon na casa. Para iso, un profesional instala o aparello que vai efectuar os rexistros durante un período de tempo para obter o nivel medio. A normativa fixa o límite en 300 bequerelios por metro cúbico.
Retirar o radon do interior da casa require de dúas accións. A instalación na base do inmoble dunha membrana e a canalización do gas para extraelo por un conduto similar a unha cheminea.
En rehabilitación empréganse tubaxes máis estreitas para instalalas polo falso teito e, como na obra nova, o sistema mantén a temperatura do interior.