Publicador de contidos
Publicador de contidos

O comercio do metal da provincia de Pontevedra está en folga

O comercio do metal da provincia de Pontevedra está en folga

Están chamados a este paro preto de oito mil empregados de ferreterías, xoierías, comercios de electrodomésticos, recambios de vehículos ou material de oficina, entre outros

Con este paro queren forzar a patronal a retomar as conversas para renovar o convenio caducado desde 2019

G24.gal 22/11/2022 14:23

Segundo os sindicatos convocantes unha gran maioría de traballadores secundaron a folga nesta xornada. 

Están chamados a folga  case oito mil traballadores da provincia de Pontevedra de actividades moi distintas desde venda de electrodomésticos, vehículos, recambio de pneumáticos, xoierías, ferraxerías ou maquinaria agrícola ata material de oficina. O incremento salarial é o principal escollo das negociacións que neste momento están rotas.  

Con este paro queren forzar a patronal a retomar as conversas para renovar o convenio caducado desde 2019. De non ser así  convocarán novos paros nas empresas do sector.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar