O comercio mundial de viño acada a máxima facturación histórica
O comercio mundial de viño acada a máxima facturación histórica
Acadaron 38.000 millóns de euros malia baixar vendas e produción un 5%
As DD. OO. galegas escapan á tendencia e soben en todos os parámetros
O valor do viño no mercado mundial aumentou un 9,3% en 2022. E iso que o ano anterior xa acadara un máximo histórico. O sector soubo sobrepoñerse á pandemia, pero, coma todos, tivo que afrontar a inflación. Os custos de produción incrementáronse, pero non explican por si sós a suba dos prezos. E é que os consumidores están dispostos a pagar máis por produtos de calidade.
Eses 38.000 millóns de euros en vendas conseguíronse malia que no mercado houbo 455 millóns de litros menos, unha cifra equivalente a toda a produción de España. Caeron as vendas e a produción, pero Galicia escapou desa tendencia. En todas as DD. OO. galegas houbo incremento tanto en litros producidos como en volume comercializado.
O prezo medio internacional do viño leva subindo 23 meses consecutivos e xa se sitúa arredor dos 4 euros.