Publicador de contidos
Publicador de contidos

O comercio da Coruña esixe na rúa un convenio colectivo digno no sector

O comercio da Coruña esixe na rúa un convenio colectivo digno no sector

Manifestáronse na Coruña para reclamar subas salariais acordes cos incrementos do IPC

G24.gal 26/03/2023 13:58 Última actualización 26/03/2023 21:50

Os traballadores do comercio da provincia da Coruña saíron á rúa para esixir un convenio colectivo digno que, entre outras cuestións, revise os salarios, conxelados desde o ano 2019. 

A manifestación convocárona a CIG, Comisións Obreiras e UXT e transcorreu polas zonas máis comerciais da cidade. Os sindicatos denuncian que levan meses sen avanzar nas negociacións. Máis de vinte mil traballadores están afectados por unha paralización con consecuencias moi negativas no poder adquisitivo do persoal. Esixen subas salariais acordes cos incrementos do IPC.

"Que a patronal entenda que non podemos perder os atrasos. Queremos uns salarios dignos que se axusten ao IPC e que se regulen as xornadas para permitir a conciliación da vida familiar e laboral", afirma Juan Zas, secretario de acción sindical de CCOO.

"O sector necesita axustes no que ten que ver coa xornada anual, as licenzas, os horarios... Arrastra historicamente os peores horarios que pode haber para un sector: cada vez abren ata máis tarde, abren máis días, abren máis domingos. E todo iso está sen regular", explica Roberto Pérez, secretario comarcal da CIG-Servizos

Coa referencia da loita das traballadoras de Inditex e do que conseguiron, advirten que batallarán por un convenio digno. A partir da semana que vén ábrese unha nova vía negociadora, coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade