Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os traballadores de Alcoa San Cibrao acusan a empresa de intentar dinamitar a reapertura

Os traballadores de Alcoa San Cibrao acusan a empresa de intentar dinamitar a reapertura

O luns retomaranse as conversas para intentar pactar unhas novas condicións para reactivar a producción de aluminio na Mariña en 2024 
 

G24.gal 05/01/2023 10:02

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, considera que a compañía busca dinamitar as negociacións para a reapertura da planta de aluminio no 2024, tal e como se pactara. Nunha entrevista no Galicia por diante, critica a actitude inmobilista da compañía e apunta que "a empresa ten que dicir se realmente quere chegar a un acordo ou se o que quere é dinamitar a negociación". 

Tras dous días de reunións entre o comité de empresa e da compañía,  Zan admite que as posturas están moi afastadas de cara á nova reunión que manterán o luns. O presidente do comité de empresa evitar falar das propostas que están sobre a mesa para non dificultar as negociacións. Asegura que houbo un momento en que se estivo próximo a un acordo, pero logo, di,  a compañía cambiou de actitude. 

"Vemos case imposible chegar a un acordo. Ata o de agora había algunha proposta moi próxima ás nosas pero chegou un momento no que a empresa cambiou radicalmente e ó final foi o que afastou moito as posturas". 

Zan lembrou que os sindicatos están dispostos a facer algunhas concesións a cambio de que se blinden os postos de traballo da outra factoría do complexo, a de alumina. 

"Nós temos un acordo que cumprimos ao 100 %. Apagamos as cubas e esiximos que se cumpra o acordo. A empresa di que é incapaz tecnicamente de cumprir agora o acordo. Nós abrimos a porta a ampliar o prazo de ese período de rearranque, sería en xaneiro pero ampliaríase para darlle á empresa máis marxe económica". 

O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, explicou que a empresa ten asinados acordos que lle permitirán contar con enerxía a un prezo estable a dez anos e non descarta retomar as mobilizacións se a empresa non cambio, di, de actitude. 

 "A enerxía máis barata téñena. Co cal, outro ERE non ten sentido ningún. Isto demostra que o comité de empresa tiña razón cando dicía que se podía conseguir esa enerxía. Nós cumprimos coa nosa parte, nós estamos intentando, dentro do que cabe, chegar a acordos. Se vemos que Alcoa segue optando por actuar de mala fe e seguir funcionando igual, pois volveremos ás andadas". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade