Publicador de contidos
Publicador de contidos

O comité esixe a Alcoa que cumpra e ao Goberno, que interveña

O comité esixe a Alcoa que cumpra e ao Goberno, que interveña

Para os veciños da Mariña supón un temor e unha xenreira debido aos postos de traballo que xera na zona

G24.gal 21/01/2024 17:01

Malestar e temor na Mariña logo da publicación da carta asinada polo presidente mundial da nacional Alcoa, William Oplinger, onde insinúa un posible peche da factoría orixinado polas perdas que presenta.

"Alcoa ten firmado un acordo con nós, un acordo de viabilidade que nós negociamos de boa fe en febreiro. Ese acordo, Alcoa ten que cumprilo. De non cumprilo, ten as súas consecuencias tanto legais como penais, e se Alcoa non quere seguir, o que ten que facer o Goberno é intervir e deixar de torturarnos todos os anos coa mesma. Alcoa que deposite os cartos que firmou con nós e que se vaia se quere, pero que nos deixe de torturar dunha vez", expresaba o vicesecretario do comité de empresas de Alcoa, Alejandro Martínez.

Para os veciños da Mariña supón un temor e unha xenreira, xa que esta fábrica xera uns 2.000 empregos directos, xente que entra a traballar nesa fábrica. Tamén están os máis de 2.000 postos de traballo indirectos que xera na zona.

"Os americanos van seguir nas súas trece e ao final, por mal vai pechar".

"Os americanos se lles temos diñeiro, pois aí a teñen, con consecuencias moi graves para a Mariña".

"Cada vez haberá menos xente no comercio e en todo, isto influirá en toda a Mariña".

"Que se termina a Mariña".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade