Cargando resultados...
O Compostela perde na casa fronte ao Marino de Luanco (0-2)
O Compostela perde na casa fronte ao Marino de Luanco (0-2)
Perden a oportunidade de poñerse 4º na táboa
É a terceira derrota dos composteláns nos últimos cinco encontros
G24.gal
14/01/2024 19:54
O Compostela non foi quen de superar o Marino Luanco no Vero Boquete. A pesar dunha boa primeira metade, o gol de David Grande no minuto 13 para adiantar os asturianos serviulles aos visitantes para marchar ao descanso con vantaxe.
No arranque da segunda metade, unha boa transición dos asturianos puxo o 0-2, de novo David Grande (minuto 47). A partir de aí o Compostela apenas dispuxo de ocasións claras, e o Marino de Luanco puido aumentar a súa vantaxe á contra.
Co resultado, os galegos quedan na 7ª posición tras tres derrotas en cinco partidos, os asturianos saen do descenso, ao que entra o Deportivo Fabril.