Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Compostela sae derrotado da súa visita a Valladolid (2-0)

O Compostela sae derrotado da súa visita a Valladolid (2-0)

O filial valisoletano superou os de Michel Alonso, que suman tres picadas seguidas 

Mantéñense cerca do play off, pero as sensacións non son boas

Foto de @RVcantera
G24.gal 10/03/2024 20:06

O Compostela segue sen atopar as boas sensacións coas que fincarse na zona de play off. Nesta ocasión, os de Míchel Alonso caeron fronte ao Valladolid Promesas por 2-0 tras un partido no que lles anularon un gol de Manu Barreiro, por falta ao gardameta, que suporía o empate 1-1 no minuto 76. 

Os locais adiantáronse cedo, cun gol de Adrián Arnuncio no minuto 8, e sentenciarían nos minutos finais cun tanto de Sergio Esteban.

Tras a derrota o Compostela queda con 36 puntos, empatado co Raio Cantabria na loita pola última praza de play off.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar