O Compostela vence en Guijuelo no treito final (0-1)

Un golazo de Manu Barreiro otorga a vitoria ao equipo santiagués

@clubdepguijuelo
G24.gal 18/11/2023 18:59

A S. D. Compostela sumou tres puntos de moito mérito tras vencer pola mínima ao Guijuelo

A primeira parte estivo moi igualada e ningún dos dous equipos levou excesivo perigo sobre a portería do contrario. Foi á volta de vestiarios cando o partido se acelerou e ambos conxuntos dispuxeron de oportunidades. Finalmente Manu Barreiro anotou o único tanto do partido cun lategazo dende a frontal que superou ao gardarredes.

Con esta vitoria a S. D. Compostela sitúase no sexto lugar da clasificción, superando ao Guijuelo e mirando cara aos postos de playoff.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar