Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Concello da Coruña non vai declarar a emerxencia sanitaria para poñer fin ao conflito da recollida do lixo

O Concello da Coruña non vai declarar a emerxencia sanitaria para poñer fin ao conflito da recollida do lixo

Di que non se dan as condicións e que está estudando reducir o recibo que paga a cidadanía, en situacións excepcionais como pode ser esta

Seis plataformas veciñais piden a emerxencia sanitaria na Coruña pola folga do lixo

G24.gal 12/07/2024 14:40 Última actualización 12/07/2024 15:01

Dende San Xoán o lixo amoréase nas rúas da cidade. Varias asociacións, colectivos e plataformas veciñais xa lle pediron ao Concello que declare a emerxencia sanitaria, como fixo hai uns anos, para poder contratar de urxencia outra empresa que faga este servizo.

Pero di a alcaldesa que non se dan as condicións, porque segundo Inés Rey en 2022 era moito peor e xuridicamente tampouco é o mesmo porque agora hai unha folga convocada e naquel momento non a había.

O que si estuda o Goberno local é modificar a ordenanza para poder reducir o recibo do lixo que paga a cidadanía, en situacións excepcionais, como é esta.

Hoxe os traballadores e a empresa retomaron as negociacións a pesar dos desencontros que segue a haber entre as dúas partes. Di o comité que non hai mínimos, ou se respectan o convenio e os pregos ou a folga será indefinida dende o 1 de agosto

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade