Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Concello de Amoeiro vence a crise da natalidade con dez nacementos este ano

O Concello de Amoeiro vence a crise da natalidade con dez nacementos este ano

Nestes dous últimos anos tiveron 16 nacementos no municipio

O ano pasado contabilizaron seis nacementos e este 2021 xa van 10

As nais e os pais piden agora unha gardería porque as prazas da casa niño xa non son abondo para tantos cativos

Nestes dous anos houbo 16 nacementos en Amoeiro
G24.gal 23/11/2021 21:01

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, neste 2021 houbo en Galicia un 17,8 % menos de nacementos ca o ano pasado. E mentres na maioría de concellos galegos segue a seca demográfica, o concello de Amoeiro desafía a crise da natalidade. Nos dous últimos anos contabilizan 16 nacementos. 

Humberto e Amanda son unha desas parellas que están a formar unha familia no concello ourensán de Amoeiro. Agora teñen un fillo de tres anos e unha nena a piques de facer un. Ela é de Ohio e buscaron a tranquilidade do rural. 

Viñeron vivir a este municipio por un cambio de traballo en Ourense e elixiron o rural para instalarse, mercaron unha casa e din que están moi contentos cos servizos que teñen, e tamén aseguran que buscan unha vida tranquila para criar os seus fillos. 

As nais e os pais piden unha gardería para os pequenos

Suria tamén naceu este ano, con ela xa son 10 os nenos e as nenas que viñeron á vida este 2021 en Amoeiro. E agora din que precisarían unha gardería, porque aínda que teñen unha casa niño, aseguran que o só ten cinco prazas, e xa queda pequena para atender tantos pequenos.

É o principal servizo que precisan con esta explosión de natalidade que está a vivir o Concello de Amoeiro. Pero segundo o seu alcalde, José Luís González, xa está en proxecto esa petición para construír unha gardería con capacidade suficente para acoller os seus novos veciños. 

Amoeiro está a desafiar a crise da natalidade e tamén a demográfica, porque neste último ano aumentaron o seu padrón en 118 persoas. 

Suria é unha das cativas que naceu este ano en Amoeiro
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade