Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Concello de Lugo suspende a actividade dun pub que acumula varias denuncias

O Concello de Lugo suspende a actividade dun pub que acumula varias denuncias

Entre outras deficiencias o negocio presenta problemas relacionados coa instalación eléctrica

Hai poucos meses o goberno municipal ordenou o peche doutro local por problemas de ruído

G24.gal 06/05/2023 21:19 Última actualización 06/05/2023 21:33

Unha orde de peche mantén sen actividade un negocio de hostalería de Lugo que leva anos funcionando na ronda da Muralla. O Concello acordou a suspensión da actividade logo de varias denuncias por incumprimentos reiterados. 

Ao parecer, no establecemento detectáronse varias anomalías relacionadas coa instalación eléctrica e a iluminación, polo que a propiedade deberá presentar un certificado que acredite que se solucionaron os problemas para volver abrir. De non ser así, a actividade queda suspendida.

Hai uns meses o Concello decidiu retirarlle a licenza a outro local. A convivencia cos residentes era problemática. No punto de mira tamén hai outro negocio, advertido en varias ocasións por diversos incumprimentos. Pendente de adaptarse á lexislación, leva varios días pechado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade