Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Concello de Pontevedra e a Deputación súmanse á demanda de melloras na N-541

O Concello de Pontevedra e a Deputación súmanse á demanda de melloras na N-541

Alcaldes do Pacto de Pedre reclaman unha nova autovía entre Pontevedra e O Carballiño

Exixen que se leve a cabo unha actuación integral para acabar coa alta sinistralidade nesta vía 

G24.gal 02/10/2023 15:10

O Concello de Pontevedra intégrase no Pacto de Pedre, fundado cando se produciu o tráxico accidente de autobús. Aos 7 alcaldes iniciais súmase agora Fernández Lores coa reivindicación de obras urxentes na N-541. Pero engade unha demanda paralela, a da creación dunha autovía Pontevedra-O Carballiño con conexión a Lalín.  

A iniciativa foi ben recibida polos alcaldes de Pedre. O rexedor de Cerdedo-Cotobade agradeceu o apoio e insistiu en que as obras que se levan a cabo na ponte non son unha solución ao problema de inseguridade.

Tamén a Deputación Provincial de Pontevedra se une á mensaxe para intentar levala máis lonxe e acabar co loito nesta vía. Solicitaralle ao Parlamento de Galicia que realice unha declaración institucional de apoio e que inste o Goberno central a actuar canto antes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade