Publicador de contidos
Publicador de contidos

O viaduto de Cerdedo-Cotobade recibirá 87.000 euros para mellorar a súa seguridade

O viaduto de Cerdedo-Cotobade recibirá 87.000 euros para mellorar a súa seguridade

Así o acordou o Goberno no seu Consello de Ministros

Na Noiteboa de 2022 un bus caeu e morreron sete dos seus ocupantes

Imaxe do bus accidentado na Noiteboa de 2022. (EFE/Lavandeira Jr) Imaxe do bus accidentado na Noiteboa de 2022. (EFE/Lavandeira Jr)
G24.gal 21/05/2024 19:06

O Consello de Ministros tomou razón da ampliación da declaración de emerxencia para as obras de reparación e substitución do sistema de contención de vehículos do viaduto Vichocuntín, sobre o río Lérez, no punto quilométrico 66+900 da N-541, provincia de Pontevedra para emendar a situación de "grave perigo existente".

Así, o Goberno destinará un total de 87.606,68 euros no viaduto de Cerdedo-Cotobade, lugar onde caeu un bus na Noiteboa de 2022, provocando a morte de sete dos pasaxeiros.

Desde entón levaron a cabo varias actuacións de reparación, as cales continúan coa substitución do sistema de contención de vehículos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade