Cargando resultados...
O Concello de Pontevedra formaliza a compra do convento de Santa Clara
O Concello de Pontevedra formaliza a compra do convento de Santa Clara
O edificio, do século XIV, comprouse por 3,2 millóns de euros
G24.gal
01/12/2021 14:22
O Concello de Pontevedra formalizou esta mañá a compra do convento de Santa Clara por algo máis de tres millóns de euros.
O Concello estuda agora a organización de visitas guiadas ou xornadas de portas abertas. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, protagonizou o acto simbólico da apertura do convento, que data do século XIV e que ocupa unha superficie de máis de 12.000 metros cadrados.