Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Concello de Sober vixiará usos abusivos ou fraudulentos da auga

O Concello de Sober vixiará usos abusivos ou fraudulentos da auga

Algunhas parroquias xa reciben a auga en cisternas

Os gandeiros temen non poder abastecer os animais

G24.gal 05/08/2022 13:56

Encher garrafas onde aínda teñen auga os mananciais e levalas ata a casa para garantir un abastecemento mínimo na vivenda. É o que fai unha familia de vacacións en Gundivós logo de que a traída leve días sen servizo por causa da seca.

Noutras vivendas da parroquia tamén están sen auga porque os pozos secaron e a traída non ten caudal suficiente. Os efectos da seca agraváronse nas últimas semanas en Sober e o concello xa traballa para detectar os posibles usos fraudulentos ou abusivos que se estean a facer da escasa auga pública dispoñible.

Nalgúns lugares estase a levar a auga con camións cisterna, como o caso dun depósito, para que as casas non queden sen servizo. Os gandeiros están a ter tamén enormes problemas. Os prados están secos, as reservas de forraxe foron insuficientes e, aínda que reciben a auga das cisternas de forma gratuíta, teñen que pagar do seu peto os portes, o que pode supoñer uns 130 euros por cada viaxe. 

En lugares onde o consumo medio diario é de 1.500 litros, estase a disparar nestas semanas ata os 35.000.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar