Publicador de contidos
Publicador de contidos

O concurso Miss Vaca chegou ata 7,5 millóns de persoas a través de canles dixitais

O concurso Miss Vaca chegou ata 7,5 millóns de persoas a través de canles dixitais

650.000 persoas viron xa algún vídeo sobre o concurso celebrado no Luar, que na noite do venres se converteu en trending topic nas redes sociais

G24.gal 04/07/2022 10:42

O certame Miss Vaca, que o venres a noite se celebrou no programa Luar da Televisión de Galicia, foi seguido por ata 7,5 millóns de persoas a través de canles dixitais

70.000 persoas participaron activamente nas conversas xeradas ao redor do concurso e 650.000 viron os vídeos xerados a partir do programa de Luar do venres. 40.000 espectadores seguiron a emocionante competición entre vacas da provincias na retransmisión a través da canle da Televisión de Galicia en Youtube.

A rede máis activa no concurso foi Twitter, seguida por Facebook, Youtube e Twich.

Son datos récord na TVG, que conta con canais dixitais en Facebook, Twitter, Instagram, Youtube e Twich.

O concurso convertíase unha vez máis en trending topic nas redes sociais. Foi o máis comentado no Twitter durante boa parte da noite.

A través da emisión convencional, o Luar alcanzou unha audiencia do 12,3 % de share, para ver como Rubia, a representante de Pontevedra, se facía co certame. Esta vaca de 12 anos, unha veciña máis de Rodeiro, acababa o venres á noite coa hexemonía das vacas da provincia de Lugo nunha axustada votación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade