Publicador de contidos
Publicador de contidos

O condenado polo homicidio de Nerea Añel volverá sentar no banco de acusados por maltratar a moza

O condenado polo homicidio de Nerea Añel volverá sentar no banco de acusados por maltratar a moza

A Fiscalía solicita dous anos de prisión por dous presuntos delitos de malos tratos

A acusación particular pide sete anos de cárcere por catro delitos de lesións e por malos tratos habituais

O xuízo celebrarase no Penal 1 de Ourense o 11 de decembro

G24.gal 05/12/2024 12:26 Última actualización 05/12/2024 13:31

O culpable do homicidio de Nerea Añel, Julio González, será xulgado o vindeiro 11 de decembro por supostos malos tratos á moza ourensá meses antes de que falecese. A Fiscalía pide para el dous anos de cárcere e a acusación particular, sete. Xa foi condenado a dez anos de prisión por non auxiliar a que era a súa parella.

Os feitos polos que será xulgado foron descubertos durante a instrución do homicidio. Segundo varias testemuñas, no verán do 2019 deulle unha labazada na cara no barrio ourensán de Covadonga. Non era a primeira vez que ocorría, xa que o escrito da Fiscalía recolle que noutra ocasión deulle unha cabezada no nariz e na boca o que provocou que Nerea Añel se golpeara contra unha porta e caera ao chan.

O ministerio fiscal solicita para el dous anos de prisión, un por cada un destes dous delitos de lesións. Os avogados que representan a familia da falecida piden sete anos de cárcere. Consideran que houbo dúas agresións máis e un delito de malos tratos habituais. 

Julio González sairá en abril de prisión, onde está agora por roubos. Foi condenado a dez anos de prisión polo homicidio por omisión da súa moza cando tiña 26 anos pero a sentenza non é firme.

A Fiscalía e a acusación particular pediron á Audiencia Provincial de Ourense prisión preventiva para el, aínda que foi finalmente denegada. Esta decisión do maxistrado xa foi recorrida. Entenden que hai risco de fuga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade