Publicador de contidos
Publicador de contidos

O condutor dun bus que levaba 50 invitados a unha voda triplica a taxa máxima de alcol

O condutor dun bus que levaba 50 invitados a unha voda triplica a taxa máxima de alcol

Foi interceptado de madrugada pola Policía Local de Ourense nun control rutineiro

G24.gal 27/09/2023 14:32

Levaba cincuenta persoas e triplicaba a taxa de alcol permitida. O condutor do autobús foi interceptado pola Policía Local de madrugada nun control rutineiro.

O chofer profesional realizaba un servizo de traslado de invitados nunha das vodas que tiveron lugar a pasada fin de semana nas inmediacións de Ourense.

O autobús ía cheo, uns 50 viaxeiros e ao facerlle a proba ao condutor deu 0,50, sendo a taxa máxima permitida para eles 0,15.

Dende as forzas de seguridade piden prudencia e responsabilidade aos condutores profesionais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade