Publicador de contidos
Publicador de contidos

O condutor investigado polo accidente de Salceda de Caselas en que morreu unha muller e os seus fillos quintuplicaba a taxa de alcol

O condutor investigado polo accidente de Salceda de Caselas en que morreu unha muller e os seus fillos quintuplicaba a taxa de alcol

O home, de 32 anos, que tamén quedou ferido grave no sinistro, circulaba a 128 km/h nun tramo de 90 e en sentido contrario

G24.gal 19/11/2021 14:59

O condutor investigado polo accidente ocorrido en Salceda de Caselas en que o pasado 19 de marzo faleceron unha nai e os seus dous fillos de 13 e 6 anos quintuplicaba a taxa de alcol. 

O home, de 32 anos, que tamén quedou ferido grave no sinistro, circulaba a 128 km/h nun tramo de 90 e en sentido contrario, segundo o informe da Garda Civil tras a reconstrución do accidente.

Na proba de alcoholemia practicada deu cinco veces a taxa constitutiva de delito, polo que, ademais de homicidio por imprudencia grave, enfróntase a un delito contra a seguridade viaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade