O Congreso debate estender a prisión permanente revisable
O Congreso debate estender a prisión permanente revisable
Estenderíase aos asasinos que ocultan os corpos e aos asasinos reincidentes
Unidas Podemos cambiou a última hora a súa posición respecto á iniciativa auspiciada polo PP e votará en contra da toma en consideración desta proposta
O Congreso debate esta tarde estender a prisión permanente revisable aos asasinos que esconden o corpo da vítima. Familiares de vítimas apoian esta iniciativa.
A proposta partiu do Partido Popular e de Ciudadanos, e conta co apoio doutras formacións do grupo mixto. Familiares de mozas asasinadas pediron está maña, diante do Congreso, que está proposta sexa apoiada polo resto de grupos parlamentarios.
Unidas Podemos cambiou a última hora a súa posición respecto á iniciativa auspiciada polo PP e votará en contra da toma en consideración desta proposta.
Tanto PSOE como Unidas Podemos recorreron a prisión permanente revisable ante o Tribunal Constitucional, que sentenciou a favor desta pena ao considerala "proporcionada" e que non vulnera o principio de reinserción que consagra a carta magna.
Segundo a iniciativa, que previsiblemente sairá adiante grazas ao apoio do PSOE, a sociedade española está maioritariamente a favor dun máximo castigo para delitos de especial gravidade.
Ata agora a pena de prisión permanente revisable aplícase en oito supostos: dende o asasinato de menor de 16 anos ao cometido xunto a un delito sexual ou asasinato múltiple. Con esta reforma do Código Penal sería aplicable en dous casos máis: se non aparece o corpo da vítima e se o autor do asasinato é reincidente.
O Congreso debate esta tarde a toma en consideración dunha proposición de lei do PP e de Ciudadanos. A iniciativa impulsouna Marisol Burón, nai de Marta Calvo, desaparecida hai máis de dous anos na localidade valenciana de Manuel. O asasino confesou o delito, pero aínda non se localizaron os restos da moza.
O Tribunal Constitucional avalou no pasado mes de outubro a prisión permanente revisable. Supón o cumprimento integro entre 25 e 35 anos de prisión dependendo do tipo de delito. Cumpridos eses anos revisaríase e se non se cumpren determinados requisitos para liberdade, o preso seguiría no cárcere.