Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Congreso insta ao Goberno a tomar medidas para vender Alu Ibérica

O Congreso insta ao Goberno a tomar medidas para vender Alu Ibérica

A proposta do BNG inclúe a petición dunha nacionalización temporal

Antón Montero 23/02/2022 21:16

O Congreso insta o Goberno a tomar medidas para facilitar a venda da planta de Alu Ibérica na Coruña. A proposición non de lei que presentou o BNG proponlle ao Ministerio de Industria que ofreza un acordo enerxético con prezos competitivos para atraer futuros compradores.

Como segunda opción, piden que se estude a súa nacionalización provisional.

 "unha incorporación de Alu Ibérica á SEPI, aínda que sexa con carácter temporal, para despois ser traspasada a un operador industrial que presente un proxecto viable", dixo o deputado nacionalista Néstor Rego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade