Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Congreso reinicia o 11 de xuño o debate da iniciativa de transferencia da AP-9

O Congreso reinicia o 11 de xuño o debate da iniciativa de transferencia da AP-9

O Parlamento Galego elixirá este mércores os deputados galegos que irán defender esta iniciativa na cámara baixa

EFE 28/05/2024 11:00

O Congreso dos Deputados reiniciará o próximo 11 de xuño o debate da iniciativa aprobada polo Parlamento galego para a transferencia a Galicia da xestión da AP-9, coa toma en consideración desta proposición de lei.

Así o comunicou o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, ao comezo do pleno deste martes, no que se decidiu que este mércores van ser elixidos os deputados galegos que irán defender esta iniciativa na cámara baixa.

Os tres grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia -PPdeG, BNG e PSdeG- aprobaron o pasado 23 de decembro, por cuarta vez e por unanimidade, unha proposición de lei para remitir ao Congreso co fin de reclamar a transferencia á comunidade autónoma tanto da titularidade como das competencias sobre a AP-9, a principal autoestrada galega.

Santalices aludiu a esta aprobación e informou de que a comunicación da data do debate no Congreso foi anunciada onte, polo que reclamou "ter máis en conta os parlamentos autonómicos" porque se non é pola coincidencia co pleno que se inicia hoxe, a proposición de lei "voaría", xa que é necesario decidir en sesión plenaria os deputados galegos que a defenderán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade