Gamarra defende a abstención do PP cualificando a moción de Vox de "ociosa"
Gamarra defende a abstención do PP cualificando a moción de Vox de "ociosa"
A portavoz do PP dixo que non van votar a favor "por respecto aos españois" e tampouco en contra "por respecto a Tamames"
O PSOE, sobre a abstención do PP: "O futuro de Feijóo está nas mans de Vox"
Tamames lamenta que se volva "a dúas Españas, peores que no 36"
A portavoz do PP no Congreso, Cuca Gamarra, reivindicou que o seu é un partido "sen ataduras" nin "compromisos alleos" ao seu "ideario" para desmarcarse da moción de censura de Vox, que cualificou de "ociosa" e fronte á que se absterán.
Gamarra iniciou coa súa intervención a última xornada do debate da sexta moción de censura da historia, que o Congreso dos Deputados rexeitará este mércores, ao contar unicamente cos 52 votos dos propoñentes de Vox.
Co presidente, Pedro Sánchez, sentado na bancada do Goberno, a secretaria xeral do PP protagonizou a réplica ao candidato independente, Ramón Tamames, ao non ter o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, escano no Congreso, ao que se suma que hoxe viaxará a Bruxelas para reunirse con Ursula von der Leyen, tras ausentarse e desmarcado durante todo o debate da moción.
Na tribuna, Gamarra explicou que o PP segue "o seu propio camiño" e é o adversario dun Executivo "abertamente hostil á maioría moderada dos españois" á vez que criticou a moción ao considerala extemporánea e "inútil".
A portavoz do PP dixo non van votar a favor "por respecto aos españois" e tampouco en contra "por respecto a vostede", dirixíndose ao candidato de Vox, Ramón Tamames.
"Podemos atopar algunhas coincidencias no relato de Tamames, pero non é o noso relato, nin o noso candidato nin o noso proxecto", explicou a portavoz popular.
Aludiu ao caso Mediador para denunciar que Pedro Sánchez chegou ao Goberno nunha moción contra un presidente "honesto", Mariano Rajoy, e termina "enleado en Tito Berni" sen ser aínda "capaz de pedir perdón".
Gamarra finalizou a súa intervención pedindo ao presidente do Goberno que adiante as eleccións xerais e aforre "meses agónicos" dun "Goberno en descomposición"
O PSOE avisa a Feijóo: “O seu futuro está en mans de Vox”
O portavoz do PSOE no Congreso, Patxi López, aseverou este mércores que a abstención do PP ante a moción de censura de Vox “lexitima o seu modelo” e evidencia que o futuro líder dos populares, Alberto Núñez Feijóo, “está en mans da ultradereita".
Na súa intervención no hemiciclo do Congreso na segunda xornada do debate da moción, López arremeteu contra Núñez Feijóo por “esconderse” e negarse a rexeitar a iniciativa de Vox, ao que tachou como o partido “dos odiadores profesionais”.
“Poderían votar en contra pero non o farán porque o futuro de Feijóo está en mans de Vox, está ligado a Vox”, resaltou o portavoz do grupo socialista.
Que o líder da formación de extrema dereita, Santiago Abascal, ofrecese ao PP facer “borrón e conta nova” é, segundo López, “toda unha declaración de amor”
López acusou o economista Ramón Tamames de non representar a Transición co seu papel na moción de censura por estar "a adozar o veleno" de Vox, un partido que asegura que é "unha emenda á totalidade a estes máis de 40 anos de democracia".
"Aínda que non o queira, está a poñer o seu nome e a súa traxectoria ao servizo de Vox, da extrema dereita. Está a adozar o veleno, está a suavizar o insoportable mesmo para vostede, porque o triunfo de Vox significaría volver ao tempo en que a vostede o encarceraron por defender as súas ideas", dixo na súa intervención no pleno do Congreso durante o debate da moción.
Tamames lamenta que se volveu "ás dúas Españas", peores aínda que as do 36
O candidato á presidencia do Goberno, Ramón Tamames, lamentou que o debate da moción de censura acabe con "ataques aos principios fundamentais da convivencia" e unha volta "ás dúas Españas outra vez, peores que a do 36".
Na súa réplica na xornada final da moción de censura, Tamames negou que fose unha sesión parlamentaria, senón máis ben "un mítin preparatorio das eleccións do 28 de maio".
Acusou os grupos da cámara de buscar a división e a separación e advertiunos de que "iso non é correcto", ao considerar que "un Parlamento está tamén para falar de cousas importantes".