O conselleiro de Educación agradece o papel de 300 docentes na adaptación a Galicia da nova lei de FP

Román Rodríguez define como un modelo de éxito a Formación Profesional galega
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, reuniuse este xoves en Santiago cos 300 profesores que participan nos grupos de traballo para aplicar a nova normativa estatal á FP galega. Rodríguez acusou o ministerio de inacción e dixo que vai traballar para manter a esencia da FP en Galicia, que definiu como un modelo de éxito.
"Fronte aos incumprimentos por parte do Goberno nos decretos que deben rexer tanto a ordenación como o deseño da Formación Profesional no próximo curso, nos en Galicia levamos tempo traballando da man dos docentes para adaptar a aplicación da nova lei á realidade galega", explicou o conselleiro de Educación.