Cargando resultados...
A incidencia da gripe en Galicia descende lixeiramente, asegura o conselleiro de Sanidade
A incidencia da gripe en Galicia descende lixeiramente, asegura o conselleiro de Sanidade
García Comesaña di que o sistema sanitario galego está preparado para darlle resposta
G24.gal
04/01/2024 14:36
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegura que Galicia se achega ao pico da incidencia da gripe, e di que o sistema sanitario galego está preparado para darlle resposta.
"Parece que os datos de hoxe reflicten unha baixada nas entradas e na incidencia, hai que seguir monitorizando. E seguir agradecendo aos profesionais o traballo que están a facer, e agradecer á poboación que siga cumprindo as recomendacións da vacinación e do uso da máscara cando hai síntomas. Hai que seguir monitorizando e habilitando camas adicionais no seu caso", afirma o conselleiro de Sanidade.