Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Consello da Cultura e os retos da Intelixencia Artificial

O Consello da Cultura e os retos da Intelixencia Artificial

A doutora en Ciencias da Computación Nerea Luis destaca o papel da Axencia Española da IA na regulación desta tecnoloxía para evitar efectos prexudiciais

G24.gal 13/04/2023 08:42

O Consello da Cultura Galega organiza en Santiago un foro sobre Intelixencia Artificial no que se debaterá a regulación do uso das novas ferramentas tecnolóxicas.

Nesa misión terá un papel protagonista a nova Axencia Española de IA, con sede na Coruña.

"Vamos empezar a ver como se usan algoritmos de IA en emprego, en saúde, en educación... O foco desta Axencia será tramitar os mecanismos que propicien auditorías para asegurarnos de que calquera algoritmo que se estea usando neste tipo de sectores estea validado e sexa digno de confianza" afirma doutora Nerea Luis, que participa no foro.

Luis mencionaba algúns dos problemas que poden xerar eses algoritmos, como nesgos de raza, xénero ou idade. Advirte tamén que hai que poñer en cuestión a credibilidade de ferramentas como o CHAT GPT, que responde ás nosas preguntas conforme á información que atopa na rede, pero sen verificala.

Con todo, a enxeñeira informática apunta que, cunha boa regulación, hai que pensar na IA como unha axuda máis, como no seu día foi a aparición da ofimática.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade