Publicador de contidos
Publicador de contidos

O consello de ministros actualizará o martes case 10 millóns de pensións

O consello de ministros actualizará o martes case 10 millóns de pensións

Anuncio do presidente do Goberno nun acto do PSOE de Asturias

Este ano unha pensión media de xubilación será de 1.182 euros

Pedro Sánchez con Adrián Barbón
G24.gal 22/01/2022 13:52

O martes, o consello de ministros vai actualizar as pensións para o ano 2022. Anunciouno o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, nun acto do partido socialista de Asturias.

O investimento previsto é de 6.500 millóns de euros entre este ano e o pasado 2021 para conseguir, di o presidente, xustiza e pensións dignas para os maiores.

Segundo explicou Sánchez, co modelo impulsado polo novo Goberno, unha pensión mínima pasará dos 637 euros, que se cobraba en 2017 co Goberno do PP, aos 720 euros mensuais que ingresarán este ano.

"As pensións medias, de viuvez, por exemplo, que no 2017 representaban 649 euros, cobrarían, se non se fixeran os cambios e seguise o sistema do PP, 658 euros ao mes en 2022, co novo modelo van cobrar 711 euros, é dicir, 53 euros máis ao mes. E unha pensión media de xubilación, que no 2017 puidera representar 1.071 euros, co novo modelo que impulsou o Goberno do PSOE vai pasar a cobrar 1.182 euros, é dicir, 97 euros máis ao mes"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade