Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Consello de Ministros aprobará este martes un real decreto lei de medidas urxentes para que os afectados empecen a recibir axudas

O Consello de Ministros aprobará este martes un real decreto lei de medidas urxentes para que os afectados empecen a recibir axudas

Tamén declarará Zona Catastrófica todos os municipios devastados pola DINA

O ministro da Presidencia reuniuse cos grupos políticos, aos que lles agradece a súa boa disposición

G24.gal 04/11/2024 21:08 Última actualización 04/11/2024 21:29

O Goberno descarta declarar o estado de emerxencia e reitera a súa disposición a mobilizar todos os medios materiais e humanos que lle reclame a Generalitat Valenciana.

Así llelo trasladou o ministro de Presidencia aos grupos parlamentarios, cos que se reuniu este luns no Congreso.

Félix Bolaños agradeceu a boa disposición de todos, agás Vox, que nin sequera acudiu á convocatoria.

O ministro anunciou que o Consello de Ministros deste martes vai aprobar a declaración de Zona Catastrófica e un real decreto lei con medidas de urxencia para que os afectados poidan empezar a recibir axudas.

"Estamos traballando neste momento no contido dese real decreto lei de medidas de urxencia que dea unha resposta inmediata á traxedia. Trasladéillelo aos grupos parlamentarios e todos estiveron de acordo en validalo cando chegue ao Congreso. É o momento de estar unidos e de traballar xuntos para paliar os efectos da DINA o antes posible", dixo Félix Bolaños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade