Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Consorcio de Compensación farase cargo das indemnizacións polos danos

O Consorcio de Compensación farase cargo das indemnizacións polos danos

A entidade pública empresarial recibiu máis de 35.800 reclamacións por danos da DINA

Os que non tiñan seguros contratados terán que esperar ás axudas das Administracións

G24.gal 03/11/2024 14:45 Última actualización 03/11/2024 15:51

O Consorcio de Compensación de Seguros conta coa colaboración de profesionais de aseguradoras e mediadoras. Os afectados pola DINA que teñen contratada unha póliza de seguro en vigor poden solicitar a correspondente indemnización ao Consorcio, poñéndose en contacto directamente con el ou a través das súas compañías de seguro.

"Os seguros en España pagan unha pequena recarga da prima que vai directamente ao Consorcio de Compensación de Seguros, se tes un seguro de coche ou de vivenda. Independentemente das coberturas que teñas, ti vas cobrar o 100 % polos estragos co valor que tiña o coche no momento do sinistro, e se tes un seguro de fogar, exactamente igual", destaca Julián Garriga Crespo, axente de seguros.

O Consorcio, xunto cos seus peritos, xa están avaliando os danos e os afectados poderían ir cobrando en breve, ás veces a porcentaxes con anticipos cando hai, coma neste caso, grandes catástrofes.

E que acontece por exemplo se os afectados non tiñan un seguro de vivenda?

"Non vai cobrar do Consorcio, hai outro tipo de axudas, das institucións, do Goberno...", engade.

En canto á perda de beneficios dos negocios afectados tamén poden ter dereito a indemnizacións. Se están asegurados e teñen a garantía de perda de beneficios, o Consorcio tamén se fará cargo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade