Cargando resultados...
O convenio do metal de Pontevedra avanza malia a falta de unidade sindical
O convenio do metal de Pontevedra avanza malia a falta de unidade sindical
A UXT e a CIG, maioritaria no sector, ratificaron o preacordo. CCOO rexeitouno por "insuficiente"
G24.gal
21/07/2023 14:01
O convenio do metal da provincia de Pontevedra avanza, malia a oposición de CCOO. As asembleas de traballadores da CIG e da UXT ratificaron o preacordo coa patronal. Pero os afiliados de Comisións Obreiras rexeitaron o acordo por consideralo insuficiente, así que todo apunta a que o documento será asinado só por dous sindicatos, que representan o 65 por cento do sector. O preacordo inclúe unha suba salarial nos tres anos de convenio, unha redución de 16 horas na xornada anual e máis días libres.