Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os sindicatos do metal aprazan a folga ata ter por escrito o preacordo coa patronal

Os sindicatos do metal aprazan a folga ata ter por escrito o preacordo coa patronal

Os empresarios elevan ata o 9 % en tres anos a oferta salarial

Os sindicatos consideran que é un avance importante

Antón Montero 17/07/2023 20:43 Última actualización 17/07/2023 22:21

Sindicatos e patronal volveron xuntarse tras os avances mínimos do venres pasado na negociación do convenio que non convenceron aos sindicatos.

Antes da xuntanza, Rubén Pérez, de UXT, falaba dun "incremento salarial totalmente insuficiente e unha redución de xornada que non alcanza as expectativas que temos os traballadores".

Este luns, a patronal mellorou a súa oferta ata o 9 % de suba salarial repartida en tres anos e un compromiso de actualización conforme ao IPC cun tope do 2 %.

Os sindicatos pedían que a suba chegase ata o 11 e medio por cento, e tamén incluír no convenio o dereito á subrogación dos contratos. A patronal rexeitouno porque cre que sería discriminatoria.

Enrique Mallón, secretario xeral de ASIME, asegurou: "Non imos falar desa pretendida subrogación, que cremos que non interesa máis que a un 0,1 % dos traballadores do sector".

Os sindicatos levaron a última oferta da patronal ás súas asembleas. Alí decidirán se suspender a folga que estaba prevista para este martes.

Anxo Lúa, da CIG, cre que se produciu "unha achega nas posicións bastante importante. Non imos dicir que estamos satisfeitos pero si que deixamos en mans dos traballadores que decidan eles a continuidade das mobilizacións".

No sector do metal traballan en Pontevedra 33.000 persoas en 3.700 empresas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade