O sector do metal da provincia de Pontevedra retoma a negociación do convenio
O sector do metal da provincia de Pontevedra retoma a negociación do convenio
Sentan de novo despois de 24 días desde o último encontro e varias xornadas de folga
As dúas partes agardan avances para asinar o convenio laboral do sector
Despois de varios meses de negociación do convenio laboral do sector o conflito entre as empresas e os traballadores céntrase en catro puntos en que ningunha das dúas partes estivo disposta a ceder ata o de agora.
Malia mellora salarial proposta pola patronal na última reunión o pasado 19 de xuño e unha redución de oito horas da xornada laboral as posturas continúan enfrontadas. 24 días despois os traballadores acoden a un novo encontro coa esperanza de avanzar.
Tras varias xornadas de folga na que se produciron incidentes entre os traballadores e a policía, un deles nas inmediacións do IFEVI onde se celebraba a feira internacional do sector desencadeou un cruce de acusacións entre patronal e sindicatos que fixo máis tenso aínda o ambiente.
Con todo os sindicatos agardan dialogar sen reproches e os empresarios comprometen o seu esforzo para poder asinar o convenio.
No caso de non chegar a un acordo as tres centrais sindicais anunciaron unha folga indefinida a partir do próximo día dezaoito.