O coruñés Ismael Ramos, premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández
O coruñés Ismael Ramos, premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández
O xurado destacou "a potencia da súa imaxinación poética" que se trata dun autor "bo coñecedor da tradición poética contemporánea"
Ismael Ramos foi galardoado co Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2022 pola súa obra Lixeiro, da que o xurado destacou "a potencia da súa imaxinación poética".
O premio, concedido este venres polo Ministerio de Cultura e Deporte está dotado con 20.000 euros e, segundo sinalou o xurado, a obra de Ismael Ramos (A Coruña, 1994) destaca "pola potencia da súa imaxinación poética, capaz de emprender un canto xeracional entoado desde un desencanto reconciliado que conxuga ironía e nostalxia".
Ademais, o xurado apuntou que como "bo coñecedor da tradición poética contemporánea", Ramos ofrece unha proposta desprovista de afectación e moi depurada lingüisticamente que conforma unha épica "vivencial de ton á vez transcendente e lixeiro".
A súa obra foi traducida ao catalán, finés, francés, húngaro, inglés e portugués, e incluída en numerosas revistas e antoloxías.
O poeta é autor de 'Os fillos da fame', obra coa que gañou o XVII Premio Johán Carballeira de Poesía Xerais 2016; 'Lumes' e 'Lixeiro'. En 2019 publicou en 'La Bella Varsovia' a primeira tradución ao castelán da súa obra 'Lumes', pola que recibiu en 2020 o Premio Javier Morote.