Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Courel mantense como atractivo turístico na zona onde non ardeu

O Courel mantense como atractivo turístico na zona onde non ardeu

O norte da serra non se viu afectada polo lume e segue aberta á presencia de visitantes

O Val do Río Pequeno, alleo ao lume, destaca polo seu valor ambiental

G24.gal 24/07/2022 14:54

O lume non acabou co Courel. Queda moita serra libre de incendios, lugares de gran valor ambiental onde as lapas non afectaron e onde o turismo é unha fonte de ingresos. É o caso de Paderne, onde hai seis casas de turismo rural. 

Os residentes advirten que fóra desta zona norte da serra do Courel existe a idea equivocada de que todo o parque se viu afectado. Por iso reclaman que o val do río Pequeno se mantén inalterable. 

Unha mostra de que todo se mantén igual é que a vindeira fin de semana terá lugar en Paderne o festival Courel Son, unha cita de jazz e blues que se suma aos atractivos naturais do lugar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade