Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Courel tenta recuperar a normalidade logo de controlar os incendios

O Courel tenta recuperar a normalidade logo de controlar os incendios

Xa non hai veciños evacuados nin aumentaron as hectáreas queimadas

Vilar, en Folgoso, foi o núcleo máis afectado polas lapas

G24.gal 26/07/2022 13:51

Vilar, no concello de Folgoso, foi o núcleo de poboación máis afectado polos incendios que asolaron a serra do Courel. O lume chegou dende diferentes direccións e a aldea quedou totalmente rodeada polas lapas. Arderon casas, alpendres, vehículos ou galiñeiros, e as vivendas que se salvaron foi grazas, en parte, ao esforzo dos dous únicos veciños do lugar. Emilio é un deles e lembra a angustia vivida nestes once días agora que xa pasou o peor.

Finalmente, os dous grandes incendios que afectaban O Courel, o de Seceda e o de Folgoso-O Brollón, foron unificados nun só que xa se dá por controlado. Hoxe xa apenas se viron medios aéreos e os traballos céntranse en acabar de extinguir as lapas, evitar que o lume reavive ou que as uceiras sigan ardendo. En Vilar perderon mesmo a produción das hortas. Agora toca facer balance dos danos materiais e medioambientais e, malia que os ánimos están decaídos, pensar xa na recuperación.

Dende o pasado xoves non aumentou o número de hectáreas queimadas no Courel, arredor de 11.000, e todos os veciños evacuados puideron volver ás súas casas. Nalgúns núcleos seguen, iso si, sen corrente eléctrica de rede. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade