Publicador de contidos
Publicador de contidos

O cráter principal do volcán da Palma recupera a actividade

O cráter principal do volcán da Palma recupera a actividade

As bocas secundarias seguen botando moita lava

As novas coadas ameazan zonas habitadas

A illa sufriu máis de 300 terremotos este martes

Rebordamento dun dos conos secundarios
ana lois 30/11/2021 21:04

O cono principal do volcán da Palma volveu activarse este martes e os cráteres secundarios seguen botando lava en abundancia. Precisamente, as coadas que saen desas bocas secundarias ameazan agora novas zonas da illa. A Palma rexistrou no que vai de xornada máis de 300 terremotos.

O Consello de Ministros autorizou xa unha ampliación de crédito por nove millóns de euros para conceder axudas aos afectados. O Cabido da Palma solicitará tamén apoio á Organización Mundial de Turismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade