Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Culturgal celebra a súa última xornada no Pazo da Cultura de Pontevedra

O Culturgal celebra a súa última xornada no Pazo da Cultura de Pontevedra

O público familiar e infantil protagonizou as actividades da mañá do domingo

Un dos retos deste ano foi mellorar a oferta dirixida a entidades e profesionais

G24.gal 27/11/2022 14:45 Última actualización 27/11/2022 15:13

O público familiar e infantil, un dos máis fieis do Culturgal, protagonizou as actividades da mañá do domingo no Pazo da Cultura de Pontevedra. 

“Para nós sempre é un día gardado na axenda para vir aquí”, di un asistente.

No Culturgal hai espazo para todas as manifestacións da cultura. Artistas, galerías e público teñen o seu punto de encontro no "Espazo Arte", onde o artista Pedro Figueiredo creaba esta obra en directo.

“Permite ter unha visión máis desde dentro do proceso creativo, porque a maior parte das veces vemos a obra, o resultado final, pero non sabemos como se realizou esa obra”, explica Elena Bangueses, coordinadora do Espazo Arte.

A danza incorporouse por vez primeira á programación deste ano. E non faltaron, como é costume, as últimas novidades da literatura galega,  

"Xa onte foi un día espléndido, moi bo, a xente achegouse e estivo comprando”, asegura o libreiro Xosé Antón Pedreira.

"Un pouco agridoce a resposta do público. Creo que é necesario que busquemos novas formas de atraer máis xente ao Culturgal", opina Francisco Castro, director xeral da editorial Galaxia.

Un dos retos deste ano foi mellorar a oferta dirixida a entidades e profesionais da cultura, un sector que representa o 3 % do produto interior bruto galego e do que viven máis de 35.000 persoas.

"Que os profesionais sintan que o Culturgal é un sitio onde teñen que estar para encontrarse, para falar, para xerar novos proxectos e para que teñan capacidade de negocio”, comenta Eva Alonso, directora de Culturgal.

Con esta edición, o Culturgal cumpre 15 anos sendo o grande escaparate do sector cultural galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar