Publicador de contidos
Publicador de contidos

O curso 2022-2023 comeza con 500 docentes máis ca antes da pandemia

O curso 2022-2023 comeza con 500 docentes máis ca antes da pandemia

A oposición denuncia novos recortes de profesorado

G24.gal 13/09/2022 13:34

O curso 2022-2023 comezou con total normalidade na nosa comunidade e con máis que antes da pandemia, segundo anunciou o conselleiro de Educación na cámara galega. Román Rodríguez dixo que hai  500 profesores máis ca no 2010 e 11 máis ca o curso pasado. 

A oposición segue denunciando recortes de profesorado. Noelia Otero, do PSdeG, denunciou que o curso comezou con 700 postos interinos sen cubrir. O portavoz de educación do BNG, Manuel Lourenzo, foi máis aló. Puntualizou que hoxe hai mil profesores menos ca no 2009 e 20.000 alumnos máis. Ovidio Rodeiro, do grupo parlamentario popular, confirmou o incremento de docentes e destacou que Galicia ten a terceira mellor ratio profesor alumno de toda España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade