Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza o curso escolar en Galicia con 2.000 matrículas menos ca o ano pasado

Comeza o curso escolar en Galicia con 2.000 matrículas menos ca o ano pasado

En educación infantil o 42 % das prazas ofertadas quedan vacantes

G24.gal 09/09/2023 13:46 Última actualización 09/09/2023 15:03

Última fin de semana de vacacións escolares antes de que o luns comece o curso 2023-2024. Nos centros públicos galegos haberá 225.000 alumnos.

A caída do número de nacementos en España, e tamén en Galicia, fai que desde hai máis dunha década cada comezo de curso o titular sexa o mesmo. Menos pequenos nas aulas galegas de infantil e de primaria. 

"No conxunto de Galicia só neste curso académico imos ter 2.600 alumnos menos na primaria. Hai que ter en conta que ofertamos case 26.000 prazas para infantil e primaria no conxunto de Galicia e só se cobren 15.000. E iso é unha situación demográfica tremendamente complexa", conta Román Rodríguez, conselleiro de Educación. 

É dicir, que en educación infantil o 42 % das prazas ofertadas quedan vacantes. Nos últimos cursos da escolarización hai 115 alumnos menos no bacharelato e 960 matrículas máis na ESO. Por iso a ampliación do profesorado é sobre todo nesta franxa.

"Imos ter 370 profesores máis. Deles 260 van ser de formación profesional, polo gran pulo que está a ter nos últimos anos a FP. 70 van estar orientados a reducir o fracaso escolar e a atención á diversidade para garantir o éxito escolar e evitar o abandono, e arredor de 40 para a ESO e bacharelato", engade o conselleiro de Educación, Román Rodríguez.  

O 99 % das familias conseguen praza no centro solicitado como primeira opción. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade