Publicador de contidos
Publicador de contidos

A SEMG pide solucións a longo prazo para acabar co déficit de médicos de familia

A SEMG pide solucións a longo prazo para acabar co déficit de médicos de familia

A Sociedade Española de Médicos Xerais reclama incentivos e menos burocracia nas consultas

O Sergas iniciou os contactos cos residentes de cuarto ano para suplir as vacantes do verán

G24.gal 15/06/2024 15:04 Última actualización 15/06/2024 19:47

A falta de médicos na Atención Primaria agravarase este verán. A pandemia obrigou aos MIR a atrasar as súas prácticas e, polo tanto, tamén as rematarán máis tarde, a mediados de setembro.

Con todo o Sergas iniciou os contactos cos residentes de cuarto para substituír profesionais durante as vacacións por unha remuneración complementaria. O Ministerio de Sanidade advirte que os mir non poden quedar sós sen unha supervisión.

"Non dubidamos das súas capacidades técnicas e funcionais para asumir calquera escenario clínico, pero seguen sendo residentes en formación. Non podemos esquecer que terminan o seu período formativo o 14 de setembro. Teñen que estar supervisados e titorizados", comenta Keith Alberto Foo Gil, presidente da SEMG en Galicia.

Para a Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia hai que buscar unha solución a un problema crónico.

"Temos un gran desafío, o relevo xeracional. Temos que tratar de eliminar a burocratización nas consultas e aplicar incentivos económicos que anime o médico de familia novo para facer coberturas non só nos centros onde falten profesionais, senón tamén nas áreas de difícil cobertura", engade.

A planificación do verán en Atención Primaria está pendente de concretar cantos residentes de último ano están dispostos a cubrir as vacantes. O Sergas asegura que a asistencia sanitaria está garantida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade