O Depor non solta o pé do acelerador fronte ao Osasuna B (0-4)
O Depor non solta o pé do acelerador fronte ao Osasuna B (0-4)
Sexta vitoria consecutiva dos de Idiakez, que xa teñen a un só punto o liderado
Tres goles de Barbero, que ilusiona o deportivismo tras a lesión
O Deportivo da Coruña segue arrasando na 1.ª RFEF. Esta vez foi en Navarra, no partido fronte ao Osasuna B, que non tivo opcións en ningún momento.
O céspede tiña moita auga acumulada pola choiva, o cal dificultaba o movemento do balón, pero os de Idiakez encontraron a maneira de crear perigo. O xogador chave foi Barbero. O dianteiro, exosasunista, anotou tres goles con que ilusiona tras unha lesión que o mantivo lonxe do xogo varios meses. Lucas, de penalti, anotou o cuarto gol do encontro.
A pesar do sólido triunfo, non todo foron boas novas, pois Balenziaga tivo que retirarse con molestias na primeira metade e haberá que esperar o comunicado dos coruñeses.
Co triunfo, o Dépor supera o Nástic, que sorprendentemente caeu fronte ao colista, o Teruel. Desta forma os de Idiakez son segundos a un punto da Ponferradina e consolídanse como o equipo máis en forma da competición, con seis vitorias consecutivas e 17 goles nos últimos catro encontros.