O Deportivo presenta a súa terceira camiseta
O Deportivo presenta a súa terceira camiseta
A peza é unha homenaxe á figura de Arsenio Iglesias
O raposo de Arteixo aparece levantando a Copa do Rei, que no seu momento foi o primeiro título do equipo coruñés
O R. C. Deportivo anunciou a súa terceira pel para esta tempada. A camiseta é unha homenaxe ao histórico adestrador da entidade coruñesa: Arsenio Iglesias.
A figura do Raposo de Arteixo sae da franxa azul que cruza a peza a aparece levantando a primeira Copa do Rei do Deportivo. Iglesias contribuíra desde o banco na consecución do primeiro título dos branquiazuis. O club continúa coa súa tradición de presentar un terceiro equipamento coas cores da bandeira galega, e incorpora agora esta novidade.
Trátase dunha homenaxe máis ao exadestrador do conxunto herculino. Un home do que toda A Coruña garda boas lembranzas.